“Pensando as Novas Masculinidades”, coloquio arredor do libro “O cemiterio de barcos”, de Francisco Castro, editado por Galaxia
- O 09/11/2021
O mércores 10 de novembro, celebrarase, ás 19 horas no MOME da Estrada, o coloquio Pensando Novas Masculinidades, arredor do libro O cemiterio de barcos, de Francisco Castro.
Acompañando o escritor Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia, estará Kim Llobet, presidenta de Mulleres en Igualdade da Estrada.
Como o aforo é limitado, recoméndase solicitar inscrición na seguinte ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSc_K9gLBSrwDvCoNnY1EXgy7ZlT9wRqJWAyP-esIvUQLC1VZA/viewform