
Premios Xerais 2018
- O 23/10/2018
O pasado sábado, 20 de outubro, no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, tivo lugar a festa de entrega dos Premios Xerais 2018, nesta edición para Carlos Negro, gañador do X Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil con Aplicación instantánea; Héctor Cajaraville, gañador do XXXIII Premio Merlín de Literatura Infantil, con Kusuma; e Emma Pedreira, gañadora do XXXV Premio Xerais de Novela con Besta do seu sangue.
Foto: Xerais