Premios Xerais 2024
- O 10/06/2024
- Marta Villar, Raquel Fernández e Abel Tomé gañan os Premios Xerais 2024 de novela, literatura xuvenil e infantil
Detective Ferruchi, de Marta Villar; I’m Obélix, de Raquel Fernández e Milú e o edificio das persoas extraordinarias, de Abel Tomé son as gañadoras do XLI Premio Xerais de Novela, o XVI Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e o XXXIX Premio Merlín de Literatura Infantil, dotados con 10.000 euros cada un.
Este ano presentáronse aos premios 103 orixinais, un dos datos de participación máis altos dos últimos anos. Tras o proceso de edición das tres obras gañadoras, Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no mes de outubro, cos libros xa nas librarías. O acto terá lugar o sábado 26 de outubro no Museo do Mar de Vigo.
Máis información: xerais.gal
Tamén lle pode interesar: https://www.xerais.gal/noticia/xa-temos-finalistas-dos-premios-xerais-2024/