Presentación conxunta dos Premios Xerais en Compostela
- O 28/11/2022
O xoves, 1 de decembro, ás 19.00, na Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación conxunta dos libros que acadaron o Premio Xerais, o Premio Jules Verne e o Premio Merlín en 2022: A culpa, de María Solar, Cicuta para dous, de Rocío Leira e Unha nova dimensión, de Anxo Iglesias.