Presentación de “A vida secreta de Úrsula Bas”, a nova novela de Arantza Portabales, en Compostela
- O 03/05/2021
O xoves 6 de maio, ás 19:30 h, na libraría Cronopios de Santiago de Compostela, a Editorial Galaxia presenta A vida secreta de Úrsula Bas, a nova novela de Arantza Portabales.
Acompañando a autora, asistirán o xornalista Luís Pardo, e Carlos Lema, director de edicións de Editorial Galaxia.
O xoves 13 presentarase a obra na Fundación Luís Seoane da Coruña, dentro da programación Somos o que lemos, e o sábado 15 celebrarase, en Pontevedra, unha sinatura do libro, na librería Cronopios.
En Vigo, Arantza estará o venres 28 de maio na Deputación de Pontevedra e, en xuño, o día 11, na libraría Miranda de Bueu.