Presentación de “Galiza e Feminismo en Emilia Pardo Bazán”, na Coruña
- O 07/07/2021
Alvarellos Editora presenta Galiza e feminismo en Emilia Pardo Bazán, de Pilar García Negro, o xoves 8 de xullo, ás 19:30h, diante da estatua de Curros Enríquez (xardíns de Méndez Núñez), na Coruña. O acto está organizado pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. No acto de presentación, a autora estará acompañada por Manuel Fernández Blanco e Henrique Alvarellos.
Máis información: https://alvarellos.info/es/libro/galiza-e-feminismo-en-emilia-pardo-bazan/