Presentación do libro A nena do vestido de flores de Manuel Fontemoura
- O 10/03/2021
O vindeiro xoves 18 de marzo ás 20h presentarase o libro “A nena do vestido de flores” de Manuel Fontemoura editado por Aira Editorial. A presentación terá lugar no Salón de actos da Casa da Cultura de Xinzo de Limia e contará coa intervención de Ramiro Rodríguez, Concelleiro de Cultura, César Lorezo, editor, Maruxa Arias, prologuista e, por suposto, Manuel Fontemoura, o autor da obra.
O aforo estará limitado polo que se recomenda inscrición previa no enderezo electrónico cultura@xinzo.gal ou no whatsapp 604 078 053