Presentación en Bertamiráns de “Movendo os marcos do patriarcado” da Editorial Galaxia
- O 13/04/2021
O vindeiro xoves 15 de abril ás 20h. na Biblioteca Pública de Bertamiráns presentarase o libro Movendo os marcos do patriarcado, das autoras Marilar Aleixandre e María López Sández. Esta obra pretende trasladar o pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán, quen afirmou o dereito das mulleres a seguir “o seu propio destino”, ao pracer, a tomar a pluma e reivindicar as mulleres “até a última gota de tinta”.
Acompañando ás autoras, asistirán Natividade González, Concelleira de Cultura, e Anna Figueiredo, profesora, autora e vicepresidenta da AELG.