PRESENTACIÓN EN BUEU DO LIBRO-DISCO “EXTRA!”, EDITADO POR KALANDRAKA
- O 12/04/2021
O vindeiro sábado, 17 de abril, ás 18 horas, o músico Paco Nogueiras e o ilustrador Marc Taeger presentarán o disco-libro Extra!, no auditorio Centro Social do Mar, en Bueu.
Farano cun concerto infantil titulado Dobre Extra!, baseado no libro-cd editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.
O espectáculo articúlase coma un “xornal musical”, no que cada composición e cada debuxo abordan noticias nacionais e internacionais, información social, cultural e divulgativa, deportes, opinión, pasatempos e ata unha axenda de actividades.
A entrada para Dobre Extra! deberá reservarse con antelación a través dun formulario na web municipal de Bueu.