
Quince editoras da AGE participan esta fin de semana no Culturgal
- O 24/11/2021
Un posto propio da Asociación Galega de Editoras e unha ampla axenda de actividades completan o retorno á feira presencial
- A Asociación Galega de Editoras participará con stand propio para dar visibilidade á produción e novidades das editoriais asociadas
- Baía Edicións, Xerais, Tulipa, Cuarto de Inverno, Alvarellos Editora, Bululú, Hércules de Ediciones, Retranca Editora, Kalandraka, Edicións do Cumio, Triqueta Verde, Edicións Embora, Irmás Cartoné, Galaxia, e Aira Editorial contarán con espazo propio e cunha ampla axenda de actividades na feira
Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2021.- O pazo da Cultura de Pontevedra acolle unha nova edición da Feira das Industrias Culturais, Culturgal, que se vai celebrar do 26 ao 28 de novembro baixo o lema “A cultura que toca”. A feira Culturgal está organizada pola Asociación do mesmo nome, e integrada polas asociacións profesionais representantes do sector: Asociación Galega de Editoras (AGE), Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), Empresas Galegas Dedicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet), e a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi).
Presentacións, sinaturas, encontros e conversas coa autoría vertebran a programación das editoriais asociadas á AGE na Culturgal
A Asociación Galega de Editoras participará na feira con stand propio (nº 78) na Culturgal, para dar visibilidade á produción das editoriais asociadas e amosar unha selección das súas novidades en lingua galega, e as editoriais asociadas Baía Edicións, Xerais, Tulipa Editora, Cuarto de Inverno, Alvarellos Editora, Bululú, Hércules de Ediciones, Retranca, Kalandraka, Edicións do Cumio, Triqueta Verde, Edicións Embora, Irmás Cartoné, Galaxia, e Aira Editorial participarán con espazo propio na feira, onde ademais da venda física dos seus títulos e novidades, contarán con actividades, encontros e sinaturas coa autoría dentro da programación xeral da feira.
O Espazo Libro, o Espazo Foro e o Espazo Infantil acollerán gran parte das actividades programadas polas editoras galegas asociadas á AGE durante toda a fin de semana na Culturgal, ademais das organizadas dentro dos propios stands:
Sábado 27 de novembro
Espazo Foro
12:45 Emilia Pardo Bazán. Unha mente poderosa. Editorial Bululú
13:15 A historia do cómic en Galicia, de Octavio Beares. Editorial Galaxia
19:30 Xela Arias. Xerais. Cancións. Con Fran Alonso e Teresa Cuíñas. O grupo Desertores tocará dúas cancións.
Espazo Libro
17:00 Tulipa Editora. Caderno de viaxe con Eutropio Rodríguez e a editora lsabel Patiño, e Colección de poesía 10×15, con Amanda Plaza, Rosendo Cid, Marta Gómez e lsabel Patiño.
19:00 Editorial Galaxia. Presentación de Mísarela, de Rodrigo Costoya, co editor Francisco Castro e Valentín García, responsable da SXPL da Xunta de Galicia. Presentación da Colección Guión: conversa ao redor de Aura 1964, de lgnacio Vilar, con Francisco Castro. Conversa do xornalista Ramón Rozas con Arantza Portabales, autora de A vida secreta de Úrsula Bas.
20:00 Xerais. Conversa do xornalista Ramón Rozas con Manuel Rivas con A nena lectora, Ledicia Costas con Golpes de luz e Diego Ameixeiras con O cervo e a sombra.
Axenda de sinaturas no stand de Kalandraka (nº 83)
12:00 Paco Nogueiras e Marc Taeger
13:00 Xosé Manuel González ‘Oli’
18:00 Kiko da Silva
19:00 Tándem Seceda
Sinaturas no stand de Hércules de Ediciones (nº 46-47)
13:00 Victoria García asina a súa obra As formiguiñas filandeiras
18:00 Estefanía Padullés asina Que mal día, gato Klops!
19:00 O autor R.J. Peralta e a ilustradora Blanca Millán asinan Bos día, avoa
Sinaturas no stand de Retranca Editora (nº65)
19:00 Miguelanxo Prado
Domingo, 28 de novembro
Espazo Foro
11:30 Reboiras. O camiño da rebeldía. Aira Editorial
Espazo Infantil
11:30 Bo Camiño, peregrino. Edicións do Cumio. Presentación do libro e obradoiro con Rena Ortega.
17:00 Animalfabeto con Eva Mejuto. Triqueta Verde Editora Contacontos baseado no Animalfabeto poético.
19:00 Aprende con Clover. Aira Editorial. Actividade lúdica para aprender vocabulario galego e inglés a través do libro Clover. Con Beatriz Cabaleiro, autora.
Espazo Libro
19:00 Conversas Xerais. A xornalista Teresa Cuíñas con Ana Cabaleiro, e Deixádenos remar, Santiago Lopo con A carteira, e Manuel Gago con Nus.
20:00 Conversas Galaxia. «A normalidade do non común», Nee Barros ao redor de Identidade, coa xornalista Teresa Cuíñas. Colección Teatro de Editorial Galaxia: conversa ao redor do libro Fillos do sol, de Cándido Pazó, moderada por Francisco Castro, director da editorial. «Unha Galaxia de premias»: conversa con Xosé Monteagudo, autor de Eternity (Premio Repsol), e Alberto Lema, autor editorial de Pazo de inverno, Premio García Barros, co editor Carlos Lema.
Sinaturas no stand de Hércules de Ediciones (nº 46-47)
13:00 Rosario Baleirón asina Mamá vive en min
17:00 A autora Rosalía Bermúdez e a ilustradora Nanda Cabaleiro asinan 7 herbas máxicas
18:00 Marcos Viso asina O meu baleiro
Axenda de sinaturas no stand de Kalandraka (nº 83)
12:00 Óscar Villán
17:00 David Pintor
Consulta o programa completo da Culturgal