SELIC-SEMANA DO LIBRO DE COMPOSTELA
- O 02/06/2017
Hoxe inaugúrase na praza da Quintana a Semana do Libro de Compostela, a SELIC, que terá lugar do 2 ao 11 de xuño, unha feira do libro impulsada polo Concello de Santiago en colaboración co propio sector. Aínda que a SELIC é moito máis, contará con actividades e visitas guiadas para descubrir a noite compostelá, a Alameda, o Museo do Pobo Galego ou a Casa da Troia.
Na SELIC participarán as editoras asociadas á AGE: Editorial Galaxia, Alvarellos Editora, Urco Editora, Dardo Editorial e Auga Editora.
Consulta o programa completo aquí: programa SELIC