Seminario formativo: INTRODUCIÓN Á CONTRATACIÓN DE TÍTULOS – CREACIÓN DO CATÁLOGO
- O 15/10/2020
Os días 21 e 22 de outubro, de 17 a 19 horas, a Asociación Galega de Editoras celebra o seminario formativo: INTRODUCIÓN Á CONTRATACIÓN DE TÍTULOS – CREACIÓN DO CATÁLOGO, impartido pola axente literaria Carlota Torrents, de Asterics Agents. Estas sesións formativas son gratuítas e dirixidas ás editoriais asociadas á AGE que:
- Estean a comezar no mercado editorial.
- Estean a construír un catálogo e queiran adquirir obras de nova autoría, títulos clásicos ou contemporáneos recoñecidos.
- Desexen profundar no coñecemento dos contratos e os recursos de negociación.
- Que teñan curiosidade por ampliar coñecementos do sector.
FORMATO DAS SESIÓNS
As sesións farase en remoto vía Zoom. As sesións contarán con varias dinamizacións para traballar da forma máis amena posible.
Bloque 1 [Mércores, 21 de outubro, 17h.-19h]
Construír o catálogo: busca de títulos e contratación
Como buscar e contratar autoría/libros nacionais ou estranxeiros
- Axencias literarias, subaxentes e departamentos de Foreign Rights: que son e como traballan
- Estratexias para a contratación de dereitos
- Aspectos fundamentais a ter en conta antes de contratar (calendario xeral, calendario interno de produción, simultaneidade de publicación noutras linguas…)
Bloque 2 [Xoves, 22 de outubro, 17h.-19h]
O contrato: cláusulas básicas e conceptos principais
- Territorialidade
- Modalidades de explotación
- Duración
- Adianto, royalties, tanto alzado
- Dereitos primarios, dereitos secundarios
- Tiraxe, pvp, exemplares xusticativos
- Quen redacta o contrato?
- Letra pequena
- Cando se dá por pechado?
As xornadas completaranse cun obradoiro básico de contratación
__________________________