
SESIÓN FORMATIVA DILVE
- O 23/06/2021
O vindeiro 30 de xuño de 2021 ás 17:00 horas, a Asociación Galega de Editoras en colaboración coa Federación de Gremios de Editores de España celebrará unha sesión formativa sobre DILVE.
A actividade é gratuíta, destinada ás asociadas á AGE, e realizarase de xeito virtual por GoToMeeting.
Para poder asistir as editoriais interesadas deben inscribirse no correo s.tecnica@editorasgalegas.gal
PROGRAMA
. Presentación. Antonio Mª. Ávila, Director Executivo da FGEE
. Introdución á Axencia do ISBN e DILVE. Miguel Jiménez, Director da Axencia do ISBN e de DILVE:
– Que é o ISBN e como se organiza no mundo
– O fluxo dos metadatos: editoriais DILVE, cadea comercial
– Que papel xoga DILVE no comercio dos libros publicados en España
– O Rexistro do ISBN e a web do Ministerio de Cultura. O Depósito Legal
– A pandemia e o ISBN: tendencias
. As editoriais e DILVE. Jesús Peraita, Director Técnico de DILVE
– Tipoloxía e finalidade dos metadatos na cadea de valor
– Estándares básicos de DILVE: ONIX, Thema, ISNI
– Cargas en DILVE: formulario, arquivos CSV/ONIX; interactivas/FTP
– Materiais de apoio dispoñibles en DILVE
– Propostas
. Preguntas e comentarios