Tamén no inverno, Mergúllate. Le en galego
- O 20/01/2021
Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2021.- Mergúllate. Le en galego, a campaña de promoción da lectura iniciada no 2019 que promove a Asociación Galega de Editoras, coa colaboración da Xunta de Galicia, segue a actualizarse durante o inverno coa difusión de novos contidos.
Desta volta, Quico, ilustrador e mariscador, coméntanos cal é o seu momento especial para ler e o que máis o fai gozar da lectura no seu BookShelfTour
As videocreacións e o material gráfico foron elaboradas pola produtora creativa Illa Bufarda e, dende o inicio da campaña de promoción da lectura en lingua galega, difúndense a través das redes sociais da Asociación Galega de Editoras.
A canle de Youtube da AGE, desde a que ofrecemos os BookshelfTour completos da campaña Mergúllate. Le en galego, segue a actualizarse con novos contidos e con máis material gráfico e audiovisual.
Accede á campaña:
Avance da campaña Mergúllate. Le en galego
Campaña Mergúllate. Le en galego