
Todo comeza nunha libraría, a campaña nas redes que promoven FGEE, CEGAL e FANDE
- O 01/06/2020
Arrinca a campaña #Todocomezanunhalibraría que promoven nas redes a FGEE, CEGAL e FANDE. Logo de máis de dous meses en que a súa actividade estivo paralizada pola crise do coronavirus, o conxunto de librarías volveu abrir as súas portas. Estes establecementos que constitúen un chanzo fundamental na cadea do libro, coa súa reapertura permiten a reactivación da actividade de todo un sector que se viu especialmente sacudido por esta crise.
Para acompañar esta reapertura e incentivar á cidadanía a que acuda ás librarías para proverse das súas lecturas e autoría favorita, e xerar movemento en toda a cadea, a Asociación de Cámaras do Libro de España (FGEE, CEGAL e FANDE) decidiu poñer en marcha unha campaña conxunta de todo o sector baixo o lema #TODOCOMEZANUNHALIBRARÍA.
Esta campaña artellarase en dúas etapas: a primeira, que inicia hoxe, 1 de xuño, terá lugar nas redes sociais e convida unirse a ela e dar visibilidade a través dos perfís nas redes sociais para que sirvan de escenario para que calquera usuario ou usuaria poida contar que é o que fai única a visita a unha libraría ou ben que conte esa experiencia vivida nun destes establecementos. Nunha segunda etapa, convidarase ás institucións estatal, autonómicas e locais para desenvolveren novas iniciativas, que contribúan a apoiar ao conxunto do sector do libro e a reactivar a actividade.