
Tulipa Editora presenta “O meu Camiño, o teu Camiño”, en Compostela
- O 22/06/2021
Tulipa Editora presenta o caderno de viaxe, O meu Camiño, o teu Camiño, o 25 de xuño, ás 13:30 horas no espazo Breca – Artesás de Galicia (Rúa das Ameas, Caseta 37), na Praza de Abastos de Santiago de Compostela. O acto acompañarase coa actuación acústica de Zeltia Irevire.
Debe confirmarse asistencia antes do 23 de xuño no correo myway.yourway@gmail.com
Máis información: www.tulipaeditoria.com