Tulipa Editorial presenta “365 maneras de estar en un hotel” en Compostela
- O 28/04/2021
O vindeiro 7 de maio, ás 19:00h presentarase no hotel NH Collection de Compostela o libro 365 maneras de estar en un hotel de Rosendo Cid editado por Tulipa Editorial. Trátase de 365 frases-aforismos-reflexións, sobre o feito de estar nunha habitación de hotel.
Acompañarán ao autor, Isabel Patiño, directora de Tulipa Editorial; Esteban Iglesias, director do NH e Paula Cabaleiro, xestora cultural. Zeltia Irevire encargarase da actuación acústica do acto.
Inscrición previa: tulipaeditorial@gmail.com