Vermú entre libros con Susana S. Aríns, autora de “SuperUlex”, editado por Cuarto de Inverno
- O 06/04/2021
O vindeiro sábado 10 de abril ás 12.30h. na libraría Paz, a escritora Susana Sanches Aríns conversará coa tamén escritora Lorena Conde do seu libro SuperUlex, editado por Cuarto de Inverno, dentro dunha nova xornada de vermú entre libros.
SuperUlex é unha rapaza que acaba de reincorporarse ao seu instituto despois de recuperarse dunha leucemia que lle deixou unhas secuelas e/ou superpoderes que van facer dela unha superheroína da vida cotiá, cousa ben complicada e difícil.
Actividade de aforo limitado.
Reserva a túa praza en librariapaz@gmail.com
Reserva a túa praza en librariapaz@gmail.com