Xerais edita “Capitán Lentella. Aventura a todo gas”, de Jorge Campos
- O 02/02/2022
Dende o planeta Lentellón, Lalo e Rufino, dous valentes viaxeiros espaciais, queren dar a volta ao universo. A súa primeira parada é a Terra, onde atoparán aventuras, amigos e unha malvada mosca que está a facer das súas agochada baixo a superficie. Como poderán vencela? Parece que o único xeito é espertando o gran poder que todo lentellón leva dentro.
Máis información: Xerais.gal