
Xerais presenta ‘A culpa’, de María Solar, en Compostela
- O 15/11/2022
O mércores, 16 de novembro, ás 19:00, na libraría Cronopios de Compostela, terá lugar a presentación da obra gañadora do Premio Xerais de Novela 2022, ‘A Culpa’, de María Solar.
Acompañarán á autora, Pilar García Negro, xornalista e escritora; a actriz, Melania Cruz e o director de Xerais, Fran Alonso.