Xornadas Galix: Desfacendo a Raia V || Un achegamento á situación do libro LIX galego
- O 01/02/2021
O vindeiro luns 8 de febreiro de 16:00 a 20:00 celebraranse as Xornadas Desfacendo a Raia V – Un achegamento á situación do libro infantoxuvenil galego, organizadas por GALIX en colaboración co Consello da Cultura Galega e que se poderán seguir a través da canle de Youtube de GÁLIX
Estas xornadas están destinadas especialmente a profesionais do mundo da LIX galega e analizarase a situación do libro infantil e xuvenil galego desde diferentes perspectivas.