Novos Vieiros desenvolve un ambicioso labor que descobre o acontecer cultural de Galiza e que se recolle na Gran Enciclopedia Galega, unha obra de información imaxinativa, duradeira e actual que, en definitiva, recolle todo o saber da nosa terra como un ideal de expresión e coñecemento da Galiza de todos os tempos. É unha contribución baseada na experiencia común de todos os galegos cara a unha proxección de futuro.
Datos de Interese
- Cargos directivos:
- Directora editorial: María do Rosario Larrosa San Luis.
- Directora editorial adxunta: Cristina Peteiro Cabado.
- Director da Gran Enciclopedia Galega: Xosé Mariño Rodríguez.
- Coordinador editorial: Manuel Carballido.
- Xerente: Xosé André Nin Lixó.
- Liña editorial: Gran Enciclopedia Galega, liña enciclopédica. Gran Enciclopedia Galega, apéndices enciclopédicos. Gran Enciclopedia Galega, liña temática (Xeografía, Natureza, Arte…). Narrativa. Poesía. Ensaio.
- Coleccións: Xeitos (poesía e narrativa). Documentos (ensaio). Galegos (personaxes galegos emblemáticos).
- Linguas nas que edita: Galego
- Distribuidores:
Sementeira de Ediciones, S.L.
Grial Libros, S.L.