+34 609 83 15 11 :: s.tecnica@editorasgalegas.gal

Dos Acordes

Dos Acordes

Dos Acordes é unha empresa de servizos musicais establecida en Baiona (Pontevedra). A actividade da nosa empresa concrétase, actualmente, en tres sectores: o ensino da música, a edición musical, e o asesoramento cultural.

Dentro da nosa editora, o plan de publicacións inclúe desde partituras até materiais didáctico-educativos, e todo tipo de literatura, tanto técnica como ensaística, sobre música, así como a edición de material sonoro en diferentes soportes.

Datos de Interese

  • Ano fundación: 2003
  • Cargos directivos:
    • Director: Javier Jurado
  • Liña editorial: Editorial musical.
  • Coleccións: Cadernos de Gaita Galega. Novos compositores galegos. Ars Gallaeciae Musicae. Isto é percusión. Cadernos de Música Coral. Revista de Etnomusicoloxía “Etno-Folk”…
  • Títulos do catálogo: +125 (até decembro de 2011)
  • Prefixos do isbn: 933880
  • Prefixos do ismn: 801231
  • Linguas nas que edita: Galego, castelán…
  • Distribuidores:
    Consorcio Editorial Galego S.A.
    Avda. da Estación 25 – 36812
    REDONDELA (Galiza), España
    (Tel. 986405051)