Na mañanciña de San Xoán, cando o primeiro raio do sol relampra na lagoa de Antela, alá embaixo, moi fondo, albíscase o campanario da igrexa. E a noite do Nadal, ás doce en punto, óense cantar os galos…
… mais ninguén ata hoxe foi quen de ver o esquivo galo de Antela. Disque só os máis afortunados chegaron a ver as súas pegadas.
Antela Editorial foi creada por escritores e escritoras de libro infantil e xuvenil que viron a necesidade de crear edicións coidadas, de apostar polo talento local e de traballar con empresas galegas para que os beneficios queden en Galicia, con porcentaxes xustas para toda a cadea de produción editorial e dereitos de autoría dignos para quen crea a cultura.
Datos de Interese
Ano fundación: 2 de xuño do 2020
Cargos directivos:
- Director: Javier Domínguez Pérez
- Secretaria: Alba De Evan Freijedo
- Administrador: Abel Álvarez Costa
Liña editorial: Infantil e xuvenil
Coleccións:
- Colección álbum ilustrado: Pitiños
- Colección novela infantil e xuvenil: Quiricos
- Colección cómic/ banda deseñada: O galo pinto
- Colección material educativo: Bankiva
Títulos do catálogo:
- Fronteiras de papel (colección Pitiños)
- Soños de Cajamarca (colección Quiricos)
- Sueños de Cajamarca (colección Quiricos)
- Xa non son malo (colección Pitiños)
- O Xigante de Allariz (colección Pitiños)
- O país da choiva (colección Quiricos)
- Elvira (colección Pitiños)
Prefixos do ISBN
978-84-09-22034-2 / 978-84-09-24120-0 / 978-84-09-24121-7 / 978-84-09-27392-8 / 978-84-09-33068-3 / 978-84-09-33067-6 / 978-84-09-33068-3
Distribución: Arnoia S.L.
Contacto
Antela Editorial
Rúa a Barxa, 4
32702 Vilar de Barrio
Ourense
Tel.: +34 623 023 082