Xerme Edicións é a empresa editorial do Grupo SM destinada a atender o mercado galego debido a súa especialidade lingüística e cultural. Este selo editorial está especializado na edición e divulgación, en lingua galega, de libros de texto e materiais de consulta, así como de literatura infantil e xuvenil. O seu obxectivo é consolidar a oferta editorial do Grupo SM no mercado galego e responder á crecente demanda existente de libros en lingua galega.