+34 609 83 15 11 :: s.tecnica@editorasgalegas.gal

Elixe o teu idioma

Xerais

Xerais

Edicións Xerais de Galicia S.A. é unha editorial de carácter xeneralista, fundada en 1979 dedicada á edición de libros en lingua galega. A súa misión fundacional foi non deixar baleiro campo ningún da comunicación impresa necesaria para Galicia. Forma parte, dende a súa fundación, de Grupo Anaya, ten a súa sede na cidade de Vigo, desenvolvendo a súa actividade promocional ao longo de todo o territorio de Galicia.

A 31 de decembro de 2007 o seu catálogo histórico acada os 2.685 títulos, dos que 1.648 forman parte do seu catálogo vivo. A maior parte dos títulos editados fórono en lingua galega, aínda que tamén publicou algúns en castelán, portugués e inglés. Edita, fundamentalmente, en soporte papel, aínda que dende 1997 iniciou a edición de CD-ROM, DVD e Discos Compactos, baixo o selo Xerais Media.

Dende a súa fundación vendeu case dez millóns e medio de exemplares. Segundo os datos do ISBN, Xerais sitúase ininterrompidamente nos últimos vinte anos á cabeza da produción editorial en lingua galega por número de títulos e dentro das cincuenta primeiras empresas editoriais de España.

Empresa de vontade educativa, dende 1980 está especializada na edición de libros de texto en lingua galega (22% dos títulos do catálogo). No ámbito da edición xeral posúe un extenso catálogo literario (45%), que aborda todos os xéneros (narrativa, poesía, teatro, xornalismo, clásicos da literatura galega, literatura infantil e xuvenil…), lexicográfico (dicionarios e vocabularios), universitario, libros de gran formato e de ocio (guías de viaxe, guías de natureza…). Anualmente publica unha axenda e, dende o ano 1984, convoca o premio Xerais de Novela, dende 1986 o premio Merlín de literatura infantil e dende 2006 o premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil.

 

Datos de Interese

  • Ano fundación: 1979
  • Cargos directivos:
    • Director xeral: Manuel Bragado Rodríguez
    • Director de Edición: Xosé Manuel García Crego
    • Directora de Promoción e Prensa: Celia Torres Bouzas
    • Director de Novos Proxectos: Francisco Castro
    • Subdirector de Edición Xeral: Francisco Alonso Villaverde
  • Liña editorial: Narrativa. Poesía. Ensaio. Guías de Viaxe. Gastronomía. Literatura Infantil e Xuvenil. Dicionarios. Didáctica. Libros de Texto. Gastronomía. Guías de viaxe. Libros de fotografía. Axendas.
  • Coleccións:
    • Literarias: Xerais Narrativa. As Literatas. Xerais Abismos. Xerais Clásicos. Biblioteca das Letras Galegas. Xerais Poesía. Crónica. Biblioteca Dramática Galega. Xerais Ensaio.
    • Infantís e Xuvenís: Merlín. Pequeño Merlín. Merliño. Paseniño. Cabalo. Buligán. Lendas de Galicia. Fóra de Xogo. Xabarín. Xabarín de Ouro. Xerais Xuvenil. Cómics. Sopa de Libros. Sopa de Contos.
    • Referencia: Universitaria. Letras Galegas. Manuais. Fotobiografías. Álbums de postais.
    • Ocio: Montes e Fontes. Xerais Roteiros. Xerais Guías. Xerais Gastronomía. Xerais Guías da Natureza. Xerais Monografías.
    • Outras Coleccións: Dicionarios. Didáctica. Xerais Materias. Axendas. Xerais Media.
    • Libros de Texto: Educación Infantil (Métodos globalizados 0-5 anos). Educación Primaria (Lingua Galega). Educación Secundaria Obrigatoria (Lingua e Literatura Galegas, Lengua Castellana y Literatura, Matemáticas, Ciencias Medioambientais, Ciencias da Natureza, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Xeografía e Historia, Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos, Música, Ética). Bacharelato (Lingua e Literatura Galegas, Filosofía e Cidadanía, Ética e Filosofía do Dereito, Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Historia do Mundo Contemporáneo, Historia da Arte). Ciclos Formativos (FOL)
  • Títulos do catálogo: 1648 (ata decembro de 2007)
  • Prefixos do isbn: 84-7507, 84-8302, 84-9782 (actual)
  • Linguas nas que edita: Castelán e galego.
  • Distribuidores:
    Comercial Grupo Anaya:
    Polígono de Pocomaco
    Avenida, 3 Edificio Diana
    15009 A Coruña
    Teléfono: +34 981 171 641
    Fax: +34 981 17 16 47

Contacto:

Doutor Marañón, 12
36211 Vigo (ES)
Tfno.: +34 (9) 86 214888/214880
Fax: +34 (9) 86 201366
http://www.xerais.gal
Email: xerais@xerais.gal
Pedidos: xeraispedidos@xerais.gal

AGE Asociación Galega de Editoras
Formulario de Inscripción para Editoriais

Nome da editorial*

Enderezo da editorial*

Teléfono*

Web

Ano da Fundación*

Cargos directivos*

Liña Editorial*

Coleccións*

Títulos do catálogo*

Prefixos ISBN*

Distribuidores*

Conta bancaria para os cobros dos recibos trimestrais*

Presentación da editorial e declaración de intencións*

Imaxe/Logotipo (jpg o png. 1mb max.)

Send

Ó continuar navegando, está de acordo co uso das nosas cookies. máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close