Enfrontar os retos do futuro esixe un plus de colaboración e cooperación.
A implicación das empresas é imprescindible para abordar os retos das transformacións que vive e vai vivir o conxunto da cadea de valor do libro.
A AGE traballa intensamente no eido da cooperación interempresarial e intersectorial, aproveitando as sinerxias para rendibilizar o esforzo asociativo.
Ofrecemos:
- Información diaria e actualizada das novidades do sector editorial.
- Consultoría libro.
- Asistencia en comunicación en difusión de información.
- Integración na FGEE. DILVE 50% desconto para asociados.
- Asistencia e participación a feiras profesionais.
- Relacións coas administracións públicas.
- Asesoría laboral, fiscal, propiedade intelectual.
- Formación.
- Promoción na web da AGE e nas súas redes sociais
- Cooperación e coñecemento compartido dentro dun sector en constante evolución e transformación.