+34 609 83 15 11 :: s.tecnica@editorasgalegas.gal

Blog

Featured Image

A ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORAS RENOVA A SÚA XUNTA DIRECTIVA

  • O 21/12/2020
A asemblea extraordinaria aprobou a renovación dos seus cargos logo de máis de catro anos do actual equipo Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2020.- A Asociación Galega de Editoras (AGE) vén de renovar a súa Xunta Directiva. O novo presidente, Henrique Alvarellos, de Alvarellos Editora, releva no cargo a Xosé Ballesteros, director de Kalandraka, no remate do seu mandato de máis de catro anos
Ler Máis
Featured Image

17 de decembro, Día da Edición e nacemento de Ánxel Casal

  • O 17/12/2020
17 de decembro de 2020.- Hoxe celebramos o Día da Edición en Galicia porque un 17 de decembro coma hoxe, de 1895, nacía na Coruña Ánxel Casal, artífice do primeiro proxecto editorial moderno do país, a editorial Nós. Da súa imprenta saíu a Revista Nós da que este ano se conmemoran 100 anos da súa creación.
Ler Máis
Featured Image

A Gala do Libro Galego 2020 celebrou, en formato virtual, a súa quinta edición

  • O 21/11/2020
Está organizada pola Asociación Galega de Editoras (AGE), a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Federación Galega de Librarías (FGL) e premia a excelencia de quince obras publicadas durante 2019, tres traxectorias e concede tres premios honoríficos. No seu discurso oficial en nome das tres asociacións, o presidente da AGE, Xosé Ballesteros, destacou a potencia creativa do libro galego ao tempo que demandou das Administracións o seu recoñecemento como ben de primeira necesidade.
Ler Máis
Featured Image

Os Premios da Gala do Libro Galego 2020 terán formato virtual

  • O 10/11/2020
Santiago, 10 de novembro de 2020. Este mediodía ás 12 horas tivo lugar, na sala circular do Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, a presentación pública da Gala do Libro Galego 2020 que este ano celebra a súa quinta edición e que terá un formato virtual. Será conducida por Quico Cadaval e difundirase o [...]
Ler Máis
Featured Image

O XVII SIMPOSIO O LIBRO E A LECTURA CELEBROUSE EN FORMATO VIRTUAL

  • O 06/11/2020
O simposio O libro e a lectura da Asociación Galega de Editoras acadou a súa edición número 17 nun encontro difundido desde a canle de Youtube da AGE, onte xoves 5 de novembro. Contou coa intervención do presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, que impartiu as conferencia de apertura; representantes das editoras galegas independentes, que participaron nunha mesa redonda durante a sesión da mañá e as presidencias dos gremios de Catalunya, Valencia e Euskadi no relatorio da tarde.
Ler Máis
Featured Image

Unha LIBER 100% dixital busca revitalizar as vendas no sector do libro

  • O 26/10/2020
As xuntanzas con compradores, as xornadas profesionais e as presentacións de novidades serán virtuais Do 27 ao 29 de outubro, volve o salón LIBER, desta volta totalmente dixital para salvar as limitacións provocadas pola pandemia e contribuír a reactivar o sector. Na súa 38 edición, organizada por Fira de Barcelona e a Federación de Gremios de Editores de España (FGEE), LIBER converterase a través dunha exclusiva plataforma en liña nun centro de exportación, vendas e coñecemento para a industria do libro en español nun momento moi necesario para recuperar o pulo comercial.
Ler Máis
Featured Image

“Feliz Idade” de Olga Novo, Premio Nacional de Poesía 2020

  • O 15/10/2020
Feliz Idade de Olga Novo, da colección Tambo, do selo Faktoría K de Libros (Kalandraka Editora), Premio Nacional de Poesía 2020. Logo de ser premiada nos Premios da Gala Libro e de ser recoñecida recentemente co Premio da Crítica, a autora galega recibe esta nova distinción a un libro cualificado polo xurado como "un relato vitalista que celebra o amor e a existencia máis aló do tempo"
Ler Máis
Asociación Galega de EDITORAS