+34 609 83 15 11 :: s.tecnica@editorasgalegas.gal

Ediciones Bolanda

EDICIONES BOLANDA S.L. é unha empresa de carácter multidisciplinar creada a finais de 2004. Dentro das súas actividades que inclúen a produción audiovisual, publicidade, organización de eventos e espectáculos culturais e gabinete de comunicación, a empresa ten unha división editorial dedicada á publicación en exclusiva dos produtos editoriais dos coñecidos personaxes infantís OS BOLECHAS cos que se pretende achegar o coñecemento e o uso do idioma galego aos máis pequenos (como se dixo con anterioridade, o universo Bolechas abrangue tamén a realización de pezas audiovisuais, e espectáculos…) A liña editorial complétase tamén coa publicación de obras de autores galegos pouco coñecidos e con nomes consagrados da literatura galega.

Datos de interese

Ano fundación: 2004

Cargo directivo: Antonio Couto (Administrador Único)

Liña editorial: Infantil/Xeral

Coleccións: OS BOLECHAS

Distribuidores: Consorcio Editorial Galego/Cimadevila

Contacto:

Rúa do Preguntoiro, 36

15704 Santiago de Compostela

A Coruña

Tel. +34 981569155

www.bolanda.es