Cantos anos deben pasar para que unha obra sexa de dominio público?
Depende da Lei de cada país. A Lei española di que se a obra é anterior ao ano 1987 deben pasar 80 anos despois da morte do autor para que a obra pase a ser de dominio público. Se é posterior a 1987, deberán pasar 70 anos.
Onde podo formarme e desenvolver habilidades relacionadas co traballo de edición gráfica para publicacións?
Existen numerosas publicacións sobre o tema. Ademais algunhas universidades ofrecen Masters de posgrao en Edición. Tamén existen academias onde desenvolven cursos específicos do ámbito sectorial da edición.
Quen é competente en materia de propiedade intelectual?
O Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO)
Dereito de cita?
Artículo 32 da Lei de Propiedade Intelectual. É lícita a inclusión nunha obra propia de fragmentos doutras alleas de natureza escrita, sonora ou audiovisual, así como a de obras ailladas de carácter plástico, fotográfico, figurativo ou análogo, sempre que se trate de obras xa divulgadas e a súa inclusión se realice a título de cita ou para o seu análise, comentario ou xuízo crítico. Esta utilización só poderá realizarse con fins docentes ou de investigación, na medida xustificada polo fin desa incorporación e indicando a fonte e o nome do autor da obra utilizada. As recompilacións periódicas efectuadas en forma de reseñas ou revistas de prensa terán a consideración de citas.
Que debo facer para crear unha editorial?
Constituirse como empresa. Darse de alta na licenza fiscal baixo o epígrafe 476.1 Edición de libros. Rexistrarse na Axencia Española do ISBN para obter un prefixo editorial. Darse de alta na Asociación Galega de Editoras é voluntario.
Que debo facer para editar un libro?
O máis recomendable é que resolva esa cuestión cun editor. Se non fose posible, seguramente será vostede membro dunha asociación de escritores, e nesa entidade poderán indicarlle que debe facer. No caso de non contar tampouco con eses servizos pode dirixirse a un profesional especializado en propiedade intelectual.
Existen modelos de contratos de distribución?
Así como existen modelos de contratos de edición consensuados polas asociacións representativas con autores, tradutores, ilustradores, editores, ectétera, non hai modelos de contrato consensuados cos distribuidores.
Que é o l’ISBN-13?
O anterior ISBN-10 ademais do prefixo (978-). Entrou en vigor no ano 2007. O manual pode atopalo na web do ISBN.