A finalidade da Asociación Galega de Editoras é a xestión e defensa dos intereses comúns das editoras galegas asociadas e a promoción e difusión dos libros galegos. Entre os obxectivos corporativos destacan:
- Recoñecemento e concreción de sector estratéxico por parte das administracións.
- A profesionalización gremial: estratexias de cooperación intersectorial, novas vías de financiamento, formación, estratexias de comunicación, etc.
- Incremento da dotación pública de libro galego na Rede Bibliotecaria Pública Galega.
- Concreción da débeda histórica das administracións co libro galego.
XUNTA DIRECTIVA
PRESIDENTE: HENRIQUE ALVARELLOS, DE ALVARELLOS EDITORA
VICEPRESIDENTA: ANA GUERRA, OBRADOIRO EDICIÓNS
SECRETARIA: PAZ CASTRO, KALANDRAKA EDITORA
TESOUREIRO: MIGUEL TOVAL, EDICIÓNS EMBORA
VOGAIS: FRANCISCO ALONSO, DE EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA; FRANCISCO CASTRO, DA EDITORIAL GALAXIA; LAURA RODRÍGUEZ, DE HÉRCULES DE EDICIONES E Mª XESÚS GÓMEZ, DE EDICIÓNS RODEIRA