+34 609 83 15 11 :: s.tecnica@editorasgalegas.gal

Dereitos e Obrigas

1. Editores, persoas físicas ou xurídicas de carácter privado, que teñan o seu domicilio social en Galicia, a súa actividade principal sexa a edición de libros en galego, que teñan como mínimo un fondo vivo de dez títulos en galego difundidos a través das canles habituais de distribución de libros e publiquen bianualmente un mínimo de dez novidades en galego.

2. Editores, persoas físicas ou xurídicas de carácter privado, que non tendo o domicilio social en Galicia, teñan cando menos o 50% do seu fondo editado en lingua galega, que a súa actividade principal sexa a edición de libros, que teñan como mínimo un fondo vivo de dez títulos en galego difundidos a través das canles habituais de distribución de libros e publiquen anualmente un mínimo de dez novidades en galego.

3. Editores, persoas físicas ou xurídicas de carácter privado, que teñan o seu domicilio social en Galicia, a súa actividade principal sexa a edición de libros, que teñan como mínimo un fondo de 25 títulos difundidos a través das canles habituais de distribución de libros e publiquen bianualmente un mínimo de 10 novidades.

4. Editores, persoas físicas ou xurídicas de carácter privado radicados en Galicia, cuxa actividade principal non sexa a edición de libros, que teñan como mínimo un fondo vivo de cinco títulos en galego difundidos a través das canles habituais; ou os editores radicados fóra de Galicia cuxa actividade principal non sexa a edición de libros e cuxo número de novidades anuais en galego, sendo inferior aos dez títulos, acade o 50% de libros publicados en galego no seu catálogo; ou aqueloutros editores, persoas físicas ou xurídicas de carácter privado radicados en Galicia cuxa actividade principal non sexa a edición de libros, que aínda que non publiquen en galego teñan un fondo vivo de 15 títulos publicados noutras linguas distintas ao galego, estes formarán parte da Asociación en calidade de membros adheridos, con voz e sen voto, pero cun representante na Xunta Directiva.

Cando a actividade dos membros da Asociación pase de principal a secundaria na edición de libros, ou viceversa, ou haxa cambios substanciais respecto do número de títulos publicados, a categoría dos membros poderá cambiar, sempre que así o interprete a Xunta Directiva e o ratifique a Asemblea Xeral.

Este cambio realizarase a proposta da Xunta Directiva e coa aprobación da Asemblea, e implicará a revisión automática da nova cota a pagar polo membro afectado polo cambio.

Así mesmo, desde o intre en que un novo membro está aceptado, e aínda que non formalizase o abono da primeira cota, ten dereito a recibir toda a información emitida pola Asociación até o vencemento da seguinte cota.