+34 609 83 15 11 :: s.tecnica@editorasgalegas.gal

Triqueta Verde

Somos unha editorial galega independente con sede en Vigo. Empezamos a nosa andaina no ano 2009 coa nosa primeira publicación , “Los Lunares de Lola”, un dos nosos álbums ilustrados favoritos e con bastante éxito entre o noso pequeno lectorado.

De onde vén o noso nome?

“Triqueta” é un símbolo celta, coñecido tamén como “triquel”, que elude á divindade feminina e que tamén simboliza a vida, a morte e a resurrección (crenzas moi afianzadas nos celtas) e cuxo aura de inmortalidade pretendemos impregnar nos nosos contos. O noso antigo logo está baseado nesa Triqueta celta.

“Verde” debido á nosa conciencia medioambiental e que inspira gran parte das nosas edicións. En cada proxecto, en cada obra, achegamos a nosa cara Verde na que pretendemos contribuír á sostibilidade do medio.

O noso equipo de edición e o noso banco de escritores/as e ilustradores/as habituais está formado por: mulleres, nais, homes, galegos e galegas, persoas froito da reciclaxe laboral emigrantes retornados … unha mestura que pode representar a diversidade social de la actual sociedade galega e cuxo obxectivo común é a creación e divulgación de obras infantís fundamentalmente con carácter galego, inspiradoras, concienciadas que merezan seren divulgadas e lidas.

Temas que abranguemos nas nosas obras publicadas:

  • Medio
  • Importancia da cooperación
  • Traballo en equipo
  • Amizade
  • Concienciación sobre enfermidades como o Alzhéimer
  • Actitude positiva e conciliadora ante os problemas
  • Curiosidade

A nosa visión sobre da literatura infantil a través das nosas obras, á marxe de entreter por si mesmos, pretende achegar algún medio que trate ou explique situacións clave na vida cotiá (que ás veces non se poden explicar con palabras) e que sirvan de inspiración ou reflexión para entender un mundo mellor a través das nosas futuras xeracións.

Datos de interese

Ano fundación: 2009
Cargos directivos: Marisol Mascato Blanco
Liña editorial: Editorial Infantil
Coleccións: Álbum Ilustrado infantil / Literatura Xuvenil / Libro Cartón

Títulos do catálogo:

– Los Lunares de Lola / Os lunares de Lola
– ¿Que le pasa a la abuela? / Qué lle acontece a avoa?
– Paolo y el misterio del cerezo / Paolo e o misterio da cerdeira
– ¡Lánzate, Pepa! / Chimpate Pepa!
– Volcán el caballo salvaje / Volcán o cabalo salvaxe
– A apredizaxe de Betsy
– Lola y las 21 Vacas / Lola e as 21 vacas
– 21 vacas y un gato / 21 vacas e un gato
– Hai un tigre no xardín
– Roger Ratón y el misterio de las manchas / Roger o rato e o misterio das
manchas
– Benjamin / Benxamín, o cachalote que quería ser golfiño

Distribución:

– Consorcio Editorial Galego
– Distribucións Arnoia
– Traficantes de Sueños
– Cal Málaga
– Martín Fierro
– Torre Libros
– Terán Libros

Contacto:

Triqueta Verde S.L.U.
Rúa Travesía de Vigo, 80-10B

36204 Vigo
Teléfono : 886 134 197

administracion@triquetaverde.com
www.triquetaverde.com