Andavira Editora é un proxecto editorial que xorde a partir da anterior experiencia de Tórculo Edicións, que levaba máis de quince anos editando textos técnicos e universitarios e que conta no seu catálogo con máis de 200 títulos.
Esta editorial nace coa idea de renovación e coa intención de ir medrando e superando fronteiras xeográficas, aínda que o seu obxectivo primordial seguirá a ser o de ofrecerlle ao mundo técnico e ao universitario libros de calidade, escritos por profesorado cun traballo e prestixio recoñecidos.
Andavira Editora nace coa intención de ofrecer novos servizos, novas coleccións, novos formatos, así como ampliar a súa presenza nos mercados a través de novas redes de distribución e a utilización das novas tecnoloxías aplicadas á edición do libro.
Datos de Interese
- Ano fundación: 1984
- Cargos directivos:
- Jacobo Bermejo Barrera
- Lucila Ventoso Casais
- Liña editorial: Libros técnicos e universitarios
- Títulos do catálogo: 300
- Prefixos do isbn:
- 978-84-86728
- 978-84-88967
- 978-84-89641
- 978-84-8408
- 978-84-121881
- 978-84-122301
- 978-84-122887
- 978-84-123245
- 978-84-121445
- 978-84 123076
- Linguas nas que edita: Galego e castelán
- Distribuidores: Distribución propia
Contacto
Andavira Editora S.L.
Praza de Mazarelos, 14, 15703
Santiago de Compostela
Tf. 619 10 27 46 / +34 981 95 83 20