Hércules de Ediciones nace en 1985 como un esforzo persoal do actual Presidente do Consello de Administración da Sociedade, Francisco Rodríguez Iglesias, que pretende impulsar a cultura galega desde o mundo editorial. Para iso reúne ao redor de si a un grupo de galegos ilusionados, procedentes do sector do libro, que se propoñen, a través desta empresa, dotar a Galicia dunha obra de carácter temático que profundará naquelas cuestións que definen a nosa Comunidade como un país singular.
O traballo da xente de Hércules permitiu convertela na primeira empresa do sector en Galicia polo seu volume de vendas e facturación; vendas que non só se circunscriben a Galicia –delegación dirixida por Francisco Rodríguez Rodríguez–, se non que se estenden por outras zonas de España, como Asturias, e Andalucía.
Obra singular e definitiva desta editorial é, sen dúbida, o Proxecto Galicia; ao redor del reúnense os máis importantes intelectuais desta terra (entre eles, D. Xosé Ramón Barreiro Fernández, D. Fernando González Laxe, D. Xosé Manuel González Reboredo, D. Darío Villanueva Prieto, D. Xullo Correa Corredoira, D. Xosé Manuel González Reboredo, D. Francisco Díaz-Ferros Viqueira, D. Siro López Lorenzo e, ata o momento da súa morte –1996, 2003 e 2011, respectivamente–, D. Xosé Filgueira Valverde , D. Domingo García-Sabell e D. Francisco Javier Ri Barja) e, con 64 tomos editados e dez series constitúe un empeño editorial sen precedentes en Galicia.
Ademais do Proxecto, Hércules vén de editar coleccións tan significativas como Sempre no Camiño, Titor Hércules(Programa de Educación Integral), Galicia para soñar ou Iter Stellarum (A Gran Obra dos Camiños de Santiago), unha serie sobre cidades iniciadas con Santiago de Compostela – baixo o lema “Para conocerte y no olvidarte”, numerosas obras de carácter lúdico e profesional e dúas coleccións de literatura infantil e xuvenil: “As Amizades de Hércules” e “Os Imperdibles de Hércules”. A colección “Presente Perfecto” é a última incorporación ao catálogo, con cinco títulos no mercado “El mundo de Lovely Pepa”, “Vestirse por los pies”, “Haz click y vive sano”, “Bartabac” y “Galicia entre copas”.
Hércules recibiu numerosos premios pola súa actividade empresarial, entre os que destacan a Carta Magna (1987), Premio Falcón de Ouro (1988), Premio Empresa de Ouro (1989) e o galardón Vitoria (1990), Premio “Padre Crespo” (2013), Trofeo Galeguidade a “Medio de Comunicación Social” (2014), e especialmente, a Medalla Castelao, recibida polo Proxecto Galicia no ano 2007.
Hércules desenvolve as súas actividades desde a súa sede situada no Paseo Marítimo coruñés, que pretende ser referente da cultura galega e promover actividades diversas para promocionar a novos artistas e intelectuais.
Datos de Interese
- Ano fundación: 1985
- Cargos directivos:
- Director xerente: Manuel Gándara Armada
- Directora editorial: M.ª Do Mar Pérez Negreira
- Directora de innovación: Laura Rodríguez Herrera
- Liña editorial: Humanidades e ciencias sociais. Libros de referencia. Enciclopedias e dicionarios. Libros de xogos infantís. Literatura. Literatura infantil e xuvenil. Paisaxe e turismo. Camiño de Santiago. Cociña. Moda.
- Coleccións: Proxecto Galicia: Historia, Arte, Xeografía/ Cartografía, Antropoloxía, Literatura, Natureza, Ecoloxía, Dereito, Heráldica, Xenealoxía e nobiliaria de Galicia, Economía.
Galicia para soñar.
A Grande Obra dos Camiños de Santiago.
Para coñecerche e no esquecerche.
Esencias dos Camiños de Santiago.
Mosteiros e Conventos da Península Ibérica.
Titor Hércules: Do berce á Universidade.
As Amizades de Hércules.
Os Imperdibles de Hércules.
Presente Perfecto. - Títulos do catálogo: 218 títulos.
- Prefixos do isbn: (978-84-87244), (978-84-89468), (978-84-96314), (978-84-92715)
- Linguas nas que edita: Galego, Castelán, Portugués e Inglés.
- Distribuidores:
Hércules de Ediciones
Cordelería, 32-Edificio Hércules 15003, A Coruña
Teléfono: (+34)981220585
Fax: (+34)981220717
Contacto:
Rúa Cordelería 32. Edificio Hércules.
15003, A Coruña
Tl.: 981 220 585
Fax: 981 220 717