No 1882, Juan Fernández Latorre funda La Voz de Galicia. Dende os primeiros anos, a súa mentalidade apuntou á diversificación empresarial. En 1885, a propiedade do xornal pasou en exclusiva ás súas mans, e ese mesmo ano fundou, xunto con Andrés Martínez Salazar, o selo editor Biblioteca Gallega.
Esta editora, que gañou un lugar de honra na historia de Galicia pola súa dedicación temperá ao engrandecemento da cultura do país, tivo como principal meta a divulgación da obra de grandes escritores galegos. Anos despois, moitos deles serían reeditados nunha segunda etapa da Biblioteca Gallega.
Máis dun século despois do seu nacemento, continúa fiel ás súas orixes e ten enriquecido as súas achegas con numerosas series bibliográficas nas que se conxugan a historia e a tradición coa actualidade e a innovación.
No ano 2002, con motivo do 120 aniversario do nacemento de La Voz de Galicia, púxose en marcha unha iniciativa editorial sen precedentes: a Biblioteca Gallega 120. Esta colección bateu todos os récords de vendas da literatura galega.
Reunir aos clásicos, aos trobadores medievais e aos escritores contemporáneos, alcanzou os sete millóns de exemplares vendidos.
Recentemente, lanzou unha nova colección de autores galegos en castelán.
Datos de Interese
Ano fundación: 1885
Cargos directivos:
-
- Presidente: Santiago Rey Fernández-Latorre.
- Conselleiro Delegado: José Gabriel González Arias
- Director: Bieito Rubido Ramonde.
- Secretario Xeral: Manuel Areán Lalín.
Liña editorial: Ensaio. Narrativa. Divulgación. Temas de actualidade.
Coleccións: Biblioteca Gallega 120. Biblioteca Gallega de Autores en Castellano.
Títulos do catálogo: 395 títulos.
Prefixos do ISBN: 84-9757
Linguas nas que edita: Galego e castelán.
Distribución: DISGASA.
Teléfono de contacto: 981 180 180