Convócase o XVII Premio de Narrativa Breve Repsol
- O 05/07/2023
A Fundación Repsol, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, no desexo de contribuír ao desenvolvemento da literatura galega, convoca a edición anual do Premio de Narrativa Breve Repsol, que se rexerá polas seguintes bases:
1. A este premio poderán concorrer todos os autores e autoras que o desexen, excepto a persoa gañadora da edición anterior, cunha novela curta escrita en lingua galega, conforme a normativa establecida pola Real Academia Galega.
2. As novelas, que serán orixinais e inéditas en todos os formatos, terán unha extensión non inferior a 50 folios nin superior a 120. Cada folio estará mecanografado a dobre espazo, a razón de entre 28 e 32 liñas, de 60 a 70 caracteres por liña como termo medio no conxunto da novela presentada. Con carácter xeral, a extensión mínima e máxima de cada novela virá determinada polos valores de folios, liñas e caracteres antes explicados. Os autores deberán facer constar na última páxina anexa o número total de caracteres con espazos do seu orixinal.
3. Presentaranse seis copias encadernadas de cada orixinal. En cada unha das copias figurará o título da novela e o seu lema. Ademais, acompañarase un sobre pechado no que figurará a citado lema e, no seu interior, o nome, enderezo, números de teléfono fixo/móbil do autor ou autora e recensión biográfica recente.
4. As novelas enviaranse ata o 31 de xullo de 2023, facendo constar no sobre Premio de Narrativa Breve Repsol, ao seguinte enderezo:
Complexo industrial Repsol A Coruña Apartado de correos 700
15080 A Coruña
5. Achegarase aos orixinais, nun sobre pechado, unha declaración xurada asinada polo autor ou autora onde declare a súa autoría sobre a novela, así como a súa orixinalidade. A non inclusión da devandita declaración xunto coa novela será motivo para que a novela en cuestión sexa excluída automaticamente, se considere non remitida e non presentada, e se destrúa.
6. Establécese un único premio dotado con DOCE MIL EUROS (12.000,00 €). Esta cantidade estará suxeita á retención a conta do IRPF que legalmente corresponda.
7. O premio poderá declararse deserto sempre que o xurado considere que as novelas presentadas non reúnen a calidade suficiente.
8. A contía do premio inclúe a adquisición dos dereitos de explotación da primeira edición en galego de ata un máximo de 1.500 exemplares do texto ganador. Estes dereitos corresponderanlle en exclusiva á Fundación Repsol. A novela premiada será publicada pola Editorial Galaxia segundo o contrato de edición asinado para o efecto nos termos que acorden a Fundación Repsol e a Editorial Galaxia. En todas as edicións que se realicen se fará constar o nome de Premio de Narrativa Breve Repsol 2023.
9. O xurado estará composto por:
– Unha persoa nomeada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
– Unha persoa nomeada pola Fundación Repsol.
– Unha persoa nomeada pola Real Academia Galega.
– Unha persoa nomeada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
– Unha persoa nomeada pola Editorial Galaxia.
A decisión do xurado será inapelable e farase pública no mes de setembro do ano 2023.
10. A entrega do premio terá lugar nun acto público que se levará a cabo na cidade da Coruña. Salvo por razóns de forza maior, a persoa gañadora deberá estar presente no acto de entrega do premio.
Máis información e BASES COMPLETAS