A Editorial COLEX fundouse no ano 1981 por un prestixioso grupo de xuristas, co obxectivo de ofrecer aos profesionais do Dereito os medios necesarios para facilitarlles o seu traballo, cunha selección da Xurisprudencia do Tribunal Supremo que, debidamente traballada e extractada, serviría de base para que no ano 1982 se publicara o primeiro Texto Legal Comentado e con Xurisprudencia, Colección que é o sinal de identidade desta editorial.
Nestes 32 anos de experiencia ampliou o fondo editorial con numerosas monografías e creou entre outras a Colección Jurídica de Bolsillo, a Colección de la Globalización e as de Manuales Universitarios y Textos Legales Básicos, estas últimas dirixidas á formación dos estudantes de Dereito.
No ano 2017 Editorial COLEX pasa a formar parte do Grupo Iberley, e proporciona aos clientes unha plataforma tecnolóxica de contidos de alto nivel, integrada nos sistemas de busca de información e xestión para profesionais.
Datos de interese
Liña Editorial: xurídica
Coleccións:
_Texto legal básico
_Código comentado
_ Biblioteca Jurídica de Bolsillo
_Monográficos
Títulos do catálogo
Ley de Propiedad Horizontal
Ley de Enjuiciamiento Criminal y Legislación Especial
Estatuto de los Trabajadores y Legislación Especial
Ley de Arrendamientos Rústicos
Código Civil y Legislación Complementaria
Contacto:
Pol. Ind. Pocomaco, Parcela I, Edif. Diana, Portal Centro 2º Izq
15190 A Coruña
Tfno. 911 094 100 info@colex.es