Luísa Villalta homenaxeada nas Letras Galegas 2024
- O 30/06/2023
A Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas 2024 a Luísa Villalta, cadrando co vixésimo aniversario do seu pasamento. Creadora dunha obra singular e sólida que a converteu nunha das grandes figuras da literatura galega que emerxeron na segunda metade dos anos 80 e primeiros 90, o 17 de maio de Luísa Villata reivindicará a autora coruñesa como unha escritora a través dunha obra marcada polo pensamento apaixonado, a procura do rigor e tamén a exploración estilística.
O cruzamento entre a poesía e a música é outro dos trazos definitorios dunha autora recoñecida sobre todo como poeta, pero que tamén cultivou con talento o teatro, a narrativa de ficción, o ensaio, o articulismo e a tradución.
Obra de Luísa Villalta en Galaxia
Obra de Luísa Villalta en Laiovento