Ediciones del Viento naceu no ano 2003 para ofrecer aos lectores textos esquencidos, descatalogados ou que nunca se traduciran ao castelán, de importantes autores e que estaban relacionados con viaxes e países afastados. Así foi a nosa primeira colección, Viento Simún, que hoxe está formada por máis de setenta títulos de autores como Orwell, Dos Passos, Churchill, Arguedas, Loti, Somerset Maugham e un longo etcétera. Eles constitúen un dos fondos máis importantes da literatura de viaxes na lingua española. Como complemento a esta liña editorial, en Ediciones del Viento sempre foi un obxectivo prioritario darlle saída á creación literaria do noso tempo, á narrativa de maior calidade. Así, tras apenas dous anos, creamos Viento Abierto, que se iniciou cunha escritora galega, Luisa Castro, gañadora do Premio Torrente Ballester, e continuou con grandes escritores novos e en xeral pouco publicados, pero con obras dun altísimo nivel literario. A Óscar Esquivias, Carlos Frübeck, Ana Esteban ou Esther García Llovet, uniuse un importante grupo de autores galegos: Celso Castro, José Sánchez Pedrosa, Luis Rei Núñez ou Hilario J. Rodríguez. Na actualidade, Ediciones del Viento ten un catálogo de máis de 150 títulos. Ademais, coa creación recente do portal librosinlibro.com mantense na primeira liña das novas tecnoloxías e da edición dixital.
Ediciones del Viento
Datos de Interese
Ano fundación: 2003
Cargos directivos: Eduardo Riestra Rodríguez-Losada (editor)
Liña editorial: Narrativa, Literatura de viaxes, etc
Coleccións:
Viento Simún (Literatura de viaxes)
Viento Abierto (Narrativa actual)
Viento Céfiro (Non ficción)
Viento del Oeste (clásicos contemporáneos)
Prefixos do isbn: 97884933001, 97884934060, 97884934778, 97884935551, 97884969640/1/2/3/4/5/6/7/8/9, 97884937859, 97884150410
Linguas nas que edita: castelán
Contacto:
Rúa Alfredo Vicenti, 32, 9º A
15004 A Coruña