+34 609 83 15 11 :: s.tecnica@editorasgalegas.gal

Edicións Laiovento

Edicións Laiovento

Os que circunstancialmente habitamos hoxe o pazo de LAIOVENTO – Xosé Manuel Beiras, Pepe Carreiro, Manuel González Millares, Francisco Pillado Mayor e Afonso Ribas – convidamos a todos os homes e mulleres deste vello país a participaren connosco nunha empresa que ten como único obxectivo o de contribuír desde unha óptica plural, aberta e progresista, á construción nacional da Galiza. Lonxe de trabas e censuras que distorsionen a liberdade intelectual e artística, os responsábeis de LAIOVENTO apostamos, como único criterio selectivo, pola calidade estética e polo rigor científico, únicas credenciais exixíbeis para ultrapasarmos as portas deste vello pazo que Don Ramón Otero Pedrayo imaxinara. Nun país como o noso, no que se multiplican as ataduras de todo tipo, no que se practica a máis obscena e descarada das censuras polo goberno autonómico, os responsábeis de LAIOVENTO optamos, plenamente conscientes dos seus riscos, por emprendermos os anchos e luminosos vieiros da LIBERDADE e do INCONFORMISMO, en detrimento desoutro modelo cultural que vive, medra e se reproduce baixo o amparo e control duns subsidios, claramente discriminatorios e, como tal, condenados ao máis absoluto fracaso.

 

Datos de Interese

  • Prefixos do isbn: 84-87847, 84-89896, 84-8487 (actual)
  • Linguas nas que edita: Galego, castelán e portugués.
  • Distribuidores:
    • Galiza
      CONSORCIO EDITORIAL GALEGO, S.A.
      Avda. Estación, 25 36818 – Redondela (PONTEVEDRA)
      Tel: +34 986 405 051 Fax: +34 986 404 935
      e-mail: pedimentos@coegal.com
      Local na Rede: http://www.consorcioeditorial.com
    • España
      ARNOIA DISTRIBUCIÓN DE LIBROS, S.A.
      Polígono Industrial A Reigosa, Parcela 19
      36827 – Ponte Caldelas (PONTEVEDRA)
      Tel: +34 986 761 020 / +34 902 170 961 Fax: +34 986 761 026
      e-mail: pedidos@arnoia.com
      Local na Rede: http://www.arnoia.com
    • Resto da Unión Europea
      LIBRARIA COUCEIRO
      República de El salvador, 9 15701 Santiago de Compostela – Galiza – U.E.
      Tel: +34 986 565 812 Fax: +34 986 572 239
      e-mail: libraria@librariacouceiro.com
      Local na Rede: http://www.librariacouceiro.com
    • Brasil
      EBRADIL ( EMPRESA BRASILEIRA DE DISTRIBUIÇÃO DE LIVROS,Ltda.)
      Rua Genebra, 165 Bela Vista – São Paulo CEP SP, 01316-010
      Tel: +55 11 3105-5782
      e-mail: ebradil@uol.com.br
    • Distribución dixital na REDE- Arnoia Dixital:
      o ARNOIA DISTRIBUCIÓN DE LIBROS, S.A.
      Polígono Industrial A Reigosa, Parcela 19
      36827 – Ponte Caldelas (PONTEVEDRA). Galiza. U.E.
      Tel: +34 986 761 020 / +34 902 170 961 Fax: +34 986 761 026
      e-mail: pedidos@arnoia.com
      Local na Rede: http://www.arnoia.com

Contacto:

Rúa Pasteur, 26, Polígono Industrial do Tambre
15890, Santiago de Compostela
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com
EDICIÓNS LAIOVENTO, S.L. – C.I.F. B-15298128 – Inscrita no Rexistro Mercantil de A Coruña, Tomo 849, Folla C-1513, 1ª Inscrición