Boadicea Editora creouse en 2022 para consolidar unha produción sistemática e especializada de obras en galego. Centrada nos eidos da fantasía, a ciencia ficción e o medo, entronca coa tradición europea, asiática e anglosaxona destes xéneros.
Achega tanto creación propia, dando voz a autoras e autores de Galicia, como a tradución de autoras e autores clásicos e actuais, coidando en todo momento a calidade das publicacións.
As obras van destinadas a todo o público lector: infantil (de 3 a 11 anos), xuvenil (a partir de 12 anos) e adulto (de 16 anos en diante).
As persoas fundadoras somos filólogas e científicas especialistas, doutoras e investigadoras en lingua e literatura, docentes do ensino secundario e universitario. Temos un longo percorrido na edición e corrección de textos, nomeadamente no ámbito da fantasía e da ciencia ficción.
Búscase a especialización das publicacións, de maneira que entronquen coas principais producións de literatura fantástica, de ciencia ficción ou de medo clásicas e, sobre todo, actuais