Belagua Ediciones y Comunicación, S.L. nace en Vigo en 2013 co propósito de proxectar Galicia, a súa riqueza natural, artística, histórica e etnográfica a través de publicacións nas que a fotografía xoga un papel destacado. Nesta liña editamos libros de gran formato, con calidade estética e fotográfica e textos en galego, castelán e inglés, que son en si mesmos obxectos atractivos.
Con todo, publicamos todo tipo de obras divulgativas do noso territorio, e exploramos outros mundos e outras culturas.
Como complemento á nosa liña editorial baseada na promoción de Galicia, Belagua contribúe tamén á creación literaria, en galego e en castelán, dando visibilidade a novos talentos, con voces persoais e boas historias que contar. Igualmente, dirixe ao público infantil e xuvenil libros bellamente ilustrados, con calidade literaria e variedade temática.