Baía Edicións desenvolve 29 coleccións dirixidas ao público Infantil e Xuvenil, que se concretaron nos máis de 300 títulos do actual catálogo infantil da editorial, algúns deles merecedores de premios. Nos proxectos dirixidos ao público infantil, tenta sempre combinar o carácter didáctico das coleccións (Os dereitos do neno e da nena, Carteira de valores, Contos da igualdade, Queremos saber, A aventura de vivir, Primeiros coñecementos de ciencia) con outros con predominio lúdico-literario (Rodribico, Mar de letras, Xiz de cor, Grandes clásicos adaptados, Fabulando, Contoxconto, Divírtete con… e Especialistas), todos eles cun importante contido visual.
No ano 2004 pon en marcha o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil, que pretende ser un novo foro para autoras e autores que, en galego, dirixen as súas obras de creación a este sector tan importante da nosa poboación e do que depende, en boa medida, a supervivencia e futuro do galego como idioma de uso oral e escrito.
Desde os inicios aposta pola divulgación do medio natural, pois entende que o seu coñecemento é unha forma de contribuír á súa conservación. Aposta que se concreta na colección Baía Verde, guías da natureza galega ilustradas, alcanzando máis de 20 títulos, merecedores de varios premios, entre eles o de Mellor proxecto editorial pola Federación de Librerías de Galicia en 2013. Nas nosas guías xúntanse rigor científico e valor divulgativo e sitúan a Baía Edicións e a literatura naturalista galega ao máis alto nivel e ao seu ilustrador, Calros Silvar, nos cinco mellores debuxantes naturalistas do mundo.
Promove unha colección de Gastronomía, iniciada coa obra de Nieves Feros Cociña caseira galega e que na actualidade conta con 9 títulos, algún deles premiados pola prestixiosa asociación internacional Gourmand.
Continúa coa publicación de Libros de Texto para ensino secundario e promove a creación de libros educativos electrónicos e da Aula Virtual de Baía.
Inicia a internacionalización da empresa e promove a venda de dereitos a outras linguas, que se concretou na publicación por outras empresas de diversas obras en catalá, eúscaro, castelán, francés e portugués. Promove a creación do selo editorial Ártabro, para a publicación en castelán.
É propietaria da distribuidora Consorcio Editorial Galego, que, na actualidade, distribúe o 80 % das empresas editoras galegas.
Datos de Interese
- Ano fundación: 1990
- Cargos directivos:
- Directora Editorial: María Belén López Vázquez
- Consello de Administración: María Belén López Vázquez, Xoán Miguel Pazos Castelo, Xosé Manuel López Ciprián.
- Liña editorial: Traballar no eido da normalización lingüística e da promoción cultural no noso país.
- Coleccións: Emocións. Toca e escoita. Aventura de vivir. Baía Verde. Baía Narrativa. Baía Branca (Poesía). Baía Teatro. Meiga Moira. Arte e escrita. Cociña. Retallos da nosa Historia. Mar de Letras. Patrimonio Cultural e Natural. Baía Pensamento. Xiz de Cor. Contos da Igualdade. Papiroflexia, xogos e maxia. Barriga Verde, Rodribico, Clasicos adaptados, Personaxes da historia, Fabulando, Contoxconto, Especialistas, Divírtete con…, O meu pequeno animalario, Ensaio. Guías de Recursos. Manuais de Galego e Dicionarios. Textos para Primaria, ESO e Bacharelato.
- Títulos do catálogo (papel/dixital): 700 (até decembro de 2017).
- Prefixos do isbn: 87674, 89803, 96128, 96526, 96893, 92630, 9995
- Linguas nas que edita: Galego
- Distribuidores:
- Distribución do libro físico: Consorcio Editorial Galego, S.A. Avenida da Estación, 2536812, Redondela (Galiza)
- Correo electrónico: pedimentos@coegal.com
- Distribución libro dixital:
- Distribucións Arnoia: info@ekalaki.com
Contacto:
Polígono de Pocomaco, 2ª Avenida, Parcela A2/52, 15190 A Coruña
Tl.: 981 174 296 Fax: 981 915 698