Un centenar de obras forman parte da primeira rolda dos premios Follas Novas do Libro Galego
- O 27/02/2024
- Os galardóns entregaranse na gala que terá lugar en Santiago no vindeiro mes de maio
Santiago, 26 de febreiro de 2024. Os premios Follas Novas do Libro Galego, organizados conxuntamente pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia (FLG), finalizou a primeira fase de selección de candidaturas sobre os títulos publicados ata o último día de novembro do pasado 2023. Os premios resolveranse na gala de entrega que terá lugar no vindeiro mes de maio no Teatro Principal de Santiago.
Case un centenar de obras forman parte desta primeira selección dos Follas Novas nas trece categorías dos galardóns que, ademais, inclúen unha categoría para persoas, colectivos, proxectos destinados á promoción da lectura e do libro en Galicia e en galego.
Nesta primeira fase, a selección foi realizada polos tres colectivos impulsores dos premios para que, a partir de agora, un xurado formado con persoas de recoñecido prestixio procedentes do sector do libro escolla as finalistas e as gañadoras en cada unha das trece candidaturas destes galardóns que repasan a actividade literaria e editorial do ano 2023.
Unha vez finalizada esta primeira fase de selección, daranse a coñecer as obras candidatas ata un total de seis por categoría. Na seguinte fase dos premios, anunciaranse as tres obras finalistas por categoría. As obras gañadoras daranse a coñecer na gala que todos os anos pon o ramo a este proceso e que terá lugar no Teatro Principal de Santiago o 11 de maio de 2024. Estes premios, que valoran e recoñecen o traballo de todos os sectores do mundo do libro, están organizados co patrocinio da Xunta de Galicia, Concello de Santiago, Deputación da Coruña e CEDRO (Centro Español de Derechos Reprográficos).
Listaxe de categorías e candidaturas Premios Follas Novas 2024
PREMIO Á OBRA DE ENSAIO E INVESTIGACIÓN
As bicicletas si son para Galicia. Catro Ventos Editora.
Carmiña Sierra: a primeira muller do Seminario de Estudos Galegos. Aurora Marco. Alvarellos Editora.
De Galicia a Mauthausen. Alba Garrido. Editorial Galaxia.
Melpómene entre nós. A reelaboración dos clásicos gregolatinos na dramaturxia galega contemporánea. Iria Pedreira Sanjurjo. Edicións Laiovento.
O cento voando. Amores, alianzas e monogamias. Andrea Nunes. Ánxela Lema (coord). Edicións Xerais de Galicia.
Os corpos inscritos e os textos escritos. Xénero, moda e literatura. Rebeca Baceiredo. Edicións Xerais de Galicia.
Ser Cetáceo. O fascinante inverno do animal de fondo. Francisco Xosé Fernández Naval. Editorial Bululú.
PREMIO Á OBRA DE DIVULGACIÓN
Consciencia: A ciencia que nos rescatou da pandemia. Sonia Villapol. Edicións Xerais de Galicia.
Fanzines en Galiza. Unha breve e intensa historia da autoedición. Ramón Mariño Fernández. Edicións Laiovento.
Gárgolas en Compostela. Benxamín Vázquez. Fotografías de Xaime Cortizo. Alvarellos Editora-Consorcio de Santiago.
Guía definitiva dos mamíferos da Galiza. Ignacio Munilla. Ignacio Munilla.
Historia do fútbol femenino en Galicia. De Irene González a Vero Boquete. Héctor Pena. Editorial Galaxia.
O Benshi de Galicia. O arrebato cinematográfico de Rey Soto. Manolo González. Alvarellos Editora.
O cento voando. Amores, alianzas e monogamias. Andrea Nunes Brións, Ánxela Lema (coord.). Edicións Xerais de Galicia.
Unha historia da arte galega. Carlos López Bernárdez. Edicións Laiovento.
PREMIO Á OBRA DE NARRATIVA
A muller xabaril. Fina Casalderrey. Edicións Xerais de Galicia.
A parte dos anxos. Emma Pedreira. Aira Editorial.
A parte fácil. Ismael Ramos. Edicións Xerais de Galicia.
Alguén nos lembrará. VV.AA. Edicións Xerais de Galicia.
Cinco corujas. Susana Sanches Arins. Através Editora.
Coa man esquerda. Xabier Quiroga. Edicións Xerais de Galicia.
Hotel Carioca. Antón Riveiro Coello. Editorial Galaxia.
Ninguén contará a verdade. Pedro Feijoo. Edicións Xerais de Galicia.
PREMIO Á OBRA INFANTIL
A botella de lentellas. Leticia Barbadillo. Edicións Xerais de Galicia.
Caramomia. Ledicia Costas, María Lado, Daniel Landesa, O Hematocrítico. Edicións Xerais de Galicia.
Daniel no peirao. Paula Carballeira e Eli García. Editorial Galaxia.
E que vai ser? Adelaida Vidal e María Montes. Baía Edicións.
Federico. Jesús Castro Yáñez e Iván R. Triqueta Editora.
Monstr3s. Laura Parrula e Óscar Villán. Patasdepeixe Editora.
Tartaruga vs Lebre. O desquite. David Pintor. Kalandraka.
O día que choveron gatos. Eva Mejuto. Edicións Xerais de Galicia.
O gran circo das palabras. Eva Mejuto e Ignacio Martín. Triqueta Editora.
PREMIO Á OBRA XUVENIL
A curva da pantasma. Fran Alonso. Edicións Xerais de Galicia.
A tribo do mar. Lois Pérez. Edicións Xerais de Galicia.
Burbullas de calma serena. Andrea Maceiras. Cuarto de inverno.
Furia. María Reimóndez. Edicións Xerais de Galicia.
Noite no cemiterio. Carlos Vega. Boadicea Editora.
Nom estamos quebrades. Nee Barros. Cuarto de inverno.
Segredos soterrados. Xabier Domínguez e Alba de Evan. Edicións Xerais de Galicia.
PREMIO AO LIBRO ILUSTRADO
A parte dos anxos. Carlos Lago e Emma Pedreira. Aira Editorial.
A visita. Anna Font e Nuria Figueras. Kalandraka.
Cando chega o outono. Mariña Rey Noya e Mariña Rey. Aira Editorial.
Cinco corujas. Andres López e Susana Sánchez. Através Editora.
Maldiño, a vergoña da familia. Esteban Souto. Antela Editorial.
Maruja Mallo. Enigmaticamente única. María Canosa e Bea Gregores. Editorial Bululú.
Tartaruga vs Lebre. O desquite. David Pintor. Kalandraka.
O gran libro dos nosos montes. Blanca Millán. Cumio Editorial.
Xaora. Ana Moreiras. Aira Editorial.
PREMIO AO LIBRO DE BANDA DESEÑADA, GRÁFICO E HUMOR
Estou ocupado! R.J. Peralte e Blanca Millán. Cumio Editorial.
Fago o que podo. Afra Torrado. Rodolfo e Priscila.
Microalgas: máis alá da terra (3). Xulia Pisón. Autoedición.
Miñoca e Ourizo. Ramón D. Veiga e Iván R. Edicións Xerais de Galicia.
O grande aviario. Eli García. Antela Editorial.
O paso do noroeste. As aventuras do capitán Duchesnoy. Primitivo e Xabier Queipo. Editorial Galaxia.
Os suicidantes. Tomás Guerrero e Diego Ameixeiras. Edicións Xerais de Galicia.
Xaora. Ana Moreiras. Aira Editorial.
PREMIO Á INICIATIVA BIBLIOGRÁFICA
Alguén nos lembrará. Antoloxía de relatios LGTBIQA+. VV.AA Edicións Xerais de Galicia.
Biografías esenciais do Reino de Galiza. Varias/os autores/as. Nós Diario e Sermos Galiza.
Colección Cademaia. Edicións Laiovento.
Colección Clásicos Ilustrados. Aira Editorial.
Colección de poesía Filomena Dato. Apiario.
Colección Tambo de poesía. Coord. Luís Rei Núñez. Kalandraka.
Historia visual de RC Celta. Aira Editorial.
Miudiños (Rosalía de Castro e Luís Seoane). Xabier Domínguez e Alba de Evan. Cumio Editorial.
PREMIO Á OBRA TRADUCIDA
A campá de vidro. De Sylvia Plath. Celia Recarey. Irmás Cartoné.
A dama de branco. De Wilkie Collins. Isaac Xubín. Aira Editorial.
As gratitudes. De Delphine de Vigan. Xavier Senín. Editorial Hugin e Munin.
As iluminacións. De Arthur Rimbaud. Tamara Andrés e Oriana Mández. Kalandraka.
De mar a mar (Feliciano Rolán, 1934). Anxo Angueira. Alvarellos Editora.
Deiche os ollos e miraches as tebras. De Irene Solá. María Alonso Seisdedos. Kalandraka.
Morte accidental dun anarquista. De Darío Fo. María Alonso Seisdedos. Editorial Galaxia.
Trompeta. De Jachie Kay. María Reimóndez. Editorial Hugin e Munin.
PREMIO AO LIBRO DE POESÍA
As alas da serpe. Sol Mariño. Aira Editorial.
Diarios 1 / Azul Monforte. Antón Lopo. Edicións Espiral Maior.
Enxerto. Dores Tembras. Apiario.
Esta disidencia que habitamos. Andrea Nunes Brións. Mujeres & Compañía.
Imago. Helena de Carlos. Kalandraka.
Retratos de vodas, partos e funerais. Silvia Penas. Editorial Galaxia.
Salón de Té. Lupe Gómez. Edicións Xerais de Galicia.
Sonora. Chus Pato. Edicións Xerais de Galicia.
PREMIO AO LIBRO DE TEATRO
Daniel no peirao. Paula Carballeira. Editorial Galaxia.
Faise o escuro. Carme Varela. Edicións Positivas.
Festas de gardar. Díptico para a resistencia. Lorena Conde. Cuarto de inverno.
Mambrú volveu da guerra. Carlos Labraña. Edicións Xerais de Galicia.
Nin me amoles. Ana Carreira. Edicións Xerais de Galicia.
Perder (2016-2021). Roberto Salgueiro. Editorial Galaxia.
Shakespeare en Roma. Volodymyr Snegurchenko, Ana Carreira, Ana Abad de Larriva, Lorena Conde. Edicións Positivas.
Síbaris. Domingo Villar. Editorial Galaxia.
PREMIO AO LIBRO MELLOR EDITADO
A parte dos anxos. Emma Pedreira e Carlos Lago. Aira Editorial.
Burbullas de calma. Andrea Maceiras. Cuarto de inverno.
Ei, Ti! Dinosaurízate! Paula Merlán e Rena Ortega. Triqueta Editora.
Enxertos. Dores Tembrás. Apiario.
Festas de gardar. Díptico para a resistencia. Lorena Conde. Cuarto de inverno.
O elefante que perdeu o seu ollo. Boniface Ofogo e Marc Taeger. Kalandraka.
O gran libro dos nosos montes. Blanca Millán. Cumio Editorial.
Ser cetáceo. O fascinante inverno do animal de fondo. Francisco Xosé Fernández Naval. Editorial Bululú.
PREMIO PROMOCIÓN DA LECTURA
As comadres das letras
Biblioteca de Sober. Concello de Sober
Club de lectura en Instagram @contosnalareira
Espazo Lectura de Gondomar
Festas dos libros (concello de Pontevedra)
Festival literario de Allariz, FLAZ
Grupo Ouriol (Eva Veiga, Fito Ares e Bernardo Martínez)
Libraría Cartabón
Revista O Papagaio (o xornal da xente miúda)