Día de Rosalía
- O 23/02/2024
O 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía con actividades arredor da figura da autora galega máis universal.
A Fundación Rosalía programou actos para o día 23 de febreiro, en Padrón, en Santiago e na Casa de Rosalía. Toda a información sobre o programa de actividades en rosalia.gal
Pola súa parte, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) celebra o seu acto central o vindeiro sábado 24 de febreiro, ás 12:00 horas, no Panteón de Galegos Ilustres, San Domingos de Bonaval, onde se lerá o tradicional manifesto da AELG, do que este ano é autor Carlos Callón.
Máis información: https://www.aelg.gal/