Fervenza presenta “Contos para Elliot”, de Juan Andrés Fernández, na Estrada
- O 20/02/2024
A Sala Abanca da Estrada acolle o mércores 21 de febreiro, ás 20:00 h, a presentación do libro infantil Contos para Elliot, publicado por Edicións Fervenza, da autoría de Juan Andrés Fernández Castro e ilustrado por Gabriel Iglesias Sanmartín.
No acto, que estará aberto ao público ata completar aforo, autor e ilustrador estarán acompañados polo profesor, escritor, investigador e crítico literario, Armando Requeixo; o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García; e o alcalde do Concello da Estrada, José López.