Convocado o V Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade
- O 30/04/2021
Xerais e o Concello de Vilalba, veñen de convocar a quinta edición do V Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade, cuxo prazo de presentación de orixinais estará aberto ata o vindeiro 12 de xullo, data do pasamento do autor homenaxeado.
Poderán participar todas as persoas que presenten narracións inéditas en lingua galega, dirixidas a un público infantil e xuvenil e cunha temática vencellada ao compromido pola igualdade.
Establécese un único premio dotado con 3000€.
A obra premiada será publicada por Edicións Xerais de Galicia.
Máis información: Xerais.gal