Galaxia recolleu o Premio ao Libro Mellor Editado 2022 no marco da Liber
- O 06/10/2023
A directora xeral do Libro, o Cómic e a Lectura, María José Gálvez, fixo entrega a Xesús Domínguez, director de Produción de Editorial Galaxia e responsable da edición da obra de Marcial Valladares “Maxina ou a filla espuria” (considerada a primeira novela en galego), do terceiro premio ao Libro Mellor Editado 2022, na modalidades de facsímile.
A obra, publicada por Editorial Galaxia, con deseño e maquetaxe de Hayat Husein e prólogo de X. A. Fernández Salgado, contou co apoio da Consellería de Educación, Formación Profesional e Universidade, a través da Dirección Xeral de Política Linguística, e a colaboración da Real Academia Galega.
O acto tivo lugar o xoves 5 de outubro, enmarcado na programación da Feira Internacional do Libro (LIBER), en Madrid.
Máis información en www. galaxia.gal