
Convocado o XIII Premio de Narrativa Breve Repsol
- En 02/07/2019
O Premio de Narrativa Breve Repsol está convocado pola Fundación Repsol, a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia.
A dotación económica do premio ascende a 12.000 euros e inclúe a publicación da novela curta por parte da Editorial Galaxia na súa colección Literaria.
As obras poderán enviarse ata o vindeiro 31 de xullo de 2019. Os textos deberán ser orixinais e escritos en galego, conforme á normativa establecida pola Real Academia Galega, cunha extensión mínima de 50 folios e máxima de 120.
Consulta as bases aquí